logo de tatalo

contocho.eu

17 de Xuño, 2008 II Festa da Narración Oral de Galiza

Destaques

A Difusión da Festa

Esta II convocatoria da Festa da Narración Oral de Galiza está a ter unha grande repercusión nos medios· vieiros ·, ANosaTerra diario , Boletín da Consellería · cibereirmandades da fala · Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

A festa nos bares

Un dos sinais de identidade desta convocatoria é a presenza na rúa da festa. A noitiña comezará un percorrido polos bares da vila na procura de novos relatos, de contos novos, de vellas voces,... O Regueiro, O Rúa Nova,... todos terán o seu momento nesta II Festa da narración oral de Galiza. Anímate e Ven Contar !!


O colectivo Tatalo e NEG ultiman a
II Festa da Narración Oral de Galiza

cartel da II Festa da Narración Oral

A Festa terá lugar en Arca, no concello de O Pino. Antón Cortizas e Montserrat Rivera serán os encargados de comezar a actividade de formación do profesorado con sendos obradoiros. Xa pola tarde, as conferencias de Paula Carballeira e de Bieito Iglesias darán paso as actuacións dos contacontos. A Róber Bodegas, que inicialmente ía estar con nós contando nos bares, poderemos velo e escoitalo, xunto a Paula Carballeira, Quico Cadaval e Cándido Pazo, O acto, que comeza ás sete da tarde, terá lugar no Centro Sociocultural Luis Seoane..


Paula Carballeira

Tamén este ano contamos con Paula Carballeira, nesta ocasión non só nos deleitará cos seus contos, senón que achegará o seu saber e saber facer coa conferencia " Os camiños das historias "

Organizan

  • Colectivo Tatalo   >
  • Nova Escola Galega   >

Colaboran

  • Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Creación de Difusión Cultural   >
  • Concello de O Pino   >
  • Xacobeo   >

  • Deputación de A Coruña   >
  • Consellería de Educación e Ordenación Universitaria   >
  • Secretaría Xeral de Política Lingüística   >
  • Fundación Luis Seoane   >
  • TESEC audiovisuais   >
  • Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional   >
  • CPI Camiño de Santiago
  • Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño
       Francés